E despois percátome de que é a miña elección.
Ou a elección da miña covardía.
En ocasións, arrepíntome de arrepentirme. E entón doume conta de que para eso, áme sobrar o tempo se chego a vella (nunca "bella").
Que absurdo é todo...
E río, e choro, e intento cantar arrítmicamente (nada segue un compás en realidade).Adoito pensar que fuxir é a solución, que a terra e o mar, a distancia física, acabarán dando lugar a unha distancia moito maior. E cando consigo crer esto... asústome e dáme un arrepío.
Porque non quero nada máis que o máis sincero dos achegamentos.
Paula Q. L.
No hay comentarios:
Publicar un comentario