Viaxar é un deses placeres que case todos compartimos. Adoramos cambiar o lugar onde pasamos as nosas vacacións, o noso tempo libre, incluso aquel lugar no que vivimos. A pesar disto, sempre hai un sitio que temos fixo, ao que somos incapaces de renunciar: a ese sitio chamámoslle casa. Voltamos a el por inercia, porque precisamos respirar o aire que algunha vez encheu os nosos pulmóns. É unha comunicación diferente, un coñecemento que vai máis alá da fauna e da flora, dos ríos e do relevo: é o saber estar alí como en ningunha outra parte deste planeta cada vez menos natural.
As viaxes, non obstante, adoitan ser importantes máis alá das fronteiras entre países. Son mostra das rupturas entre as barreiras culturais, dos beneficios de intentar comprender, de querer saber, do respeto, do compañeirismo... Son mostra do silencio amigo. Cando vas e ves, aprendes e tamén ensinas. Enriquecéste e enriqueces. É absolutamente imprescindible mirar máis alá do que se coñece, tocalo.
Pero hai outro tipo de cambios que non se ven pero que se perciben. Eses que acontecen no teu interior, dos que solo ti eres culpable e, ao mesmo tempo, víctima. Poden facer que te volvas mellor ou peor persoa, que te leves ben con quen nunca te levarías doutro xeito e que te esquezas de aqueles cos que sempre tiveches unha gran e boa relación. Son os cambios de personalidade, moitas veces necesarios, a maior parte deles, prescindibles. Onde vas cando deixas de ser ti e pasas a ser outra persoa? Onde? Desapareces. E non hai nada peor que desaparecer.
Gústame xirar. Adoro viaxar alá onde me leven os meus pés, facer un pequeno cambio dentro de mín porque o necesito para ser mellor persoa, estar conmigo mesma (aprendín a facelo hai tempo, e agora non podo evitalo)... Xirar e xirar...
Dentro e fora, aquí e alí... Só xirar e xirar, alá onde poida, onde estea permitido, onde cada xiro sexa un sorriso máis e unha bágoa desolada menos.
Xirar e xirar... pero volver sempre ao centro do xiro, ao punto morto, á parada obrigada.
Se algún día me faltase eso, quedaría sen soporte, sen motivo para xirar...
Quedaría sen nada e sería ninguén.
Que quede claro: son moito máis que un trompo que xira obedecendo unha man que o fai saltar diferentes obstáculos e que para cando a man cansa de tanto mandar para logo comezar a xirar de novo.
Xirar e xirar... sempre por mín mesma, diferente e igual ao mesmo tempo e en momentos distintos.
Paula!!!