que
caer é posible porque estás ergueita,
que se
sabes o que é afundirte nun burato
é
porque algunha vez rozaches o ceo,
que se
choras e cada bágoa doe
é
porque valoras os sorrisos.
Lembra
que as cousas nunca van ir ben de todo,
que
sempre haberá algo que falle.
Lembra
que tes dereito a todo,
incluso
a aquelas cousas polas que xa non loitas:
por
falta de ganas,
de
osadía,
de crer
en ti mesma,
de
forza.
Lembra
que mesmo o feito de lembrar
é unha
loita contra o esquecemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario